quinta-feira, 9 de junho de 2016

Sueños de Volar: Un deses libros dos que é imposible fuxir


Blogue de Gracia e de Anxo

Buaaaaa, que fermosura de álbum. Un deses libros dos que é imposible fuxir, namoras só con velo de lonxe. E se te achegas... estás perdido!  
Falo dunha das novidades da editorial Kalandraka que nolo ofrece en portugués e español: Sonho com asas - Sueños de volar, con texto de Teresa Martinho Marques e ilustracións de Fátima Afonso. Os soños. Perseguer os soños? Deixalos ir? Que ocorre se marchan e nós non imos tras eles? Porque de acadar soños, ou de tentalo, cando menos, é do que trata este máxico álbum, dunha nena, dunha moza que quere cumprir o seu soño, que medra atopando o seu camiño, aquel que ela mesma dirixe, loitando contra os obstáculos, abrindo esas portas e ventás que a vida nos vai ofrecendo e ás que tantas veces tememos asomarnos. O emprego da metáfora do voo, tantas veces utilizado, acae perfectamente no libro, xa que este amosa que todos e todas, dende sempre, debemos loitar polo que nós desexamos.
Non, non me esquezo das ilustracións. Son absolutamente marabillosas e inesquecibles. Con elas, voamos nós tamén na procura dos nosos soños, aqueles que tiñamos aparcados porque, sinxelamente, viámonos maiores para perseguilos.
E as páxinas finais, que se despregan... buf, mellor descubrídeas vós.

Sem comentários:

Enviar um comentário